Emparellados é un xogo de crebacabezas no que terás que eliminar todos os bloques de cada nivel. Xunta dous ou máis bloques coa mesma froita e eliminaranse, pero coidado! non deixes ningún desparellado! Ademais terás que vixiar o reloxo, xa que dispós dun tempo limitado para completar cada nivel. Emparellados comeza de forma sinxela, pero a dificultade vaise incrementando á medida que avances para ofrecerche novos retos.
Características:
- 150 niveis divididos en 6 capítulos.
- Manexo simple e intuitivo.
- Consigue puntos extra atrapando as larpeiradas!
- Interesantes mecánicas de xogo con plataformas móbiles, teleporters...
- Dificultade crecente que che ofrecerá numerosos retos.
- O xogo garda o teu progreso para que poidas continuar cando queiras.
- Supera o teu propio record!